Burlas, disparates e mentiras

Burlas, disparates e mentiras

Que horas son?

– Que horas son?
– As de onte por estas horas, se es burro/a cóntaas todas.
– Burro/a serei, pero en ti montei.
– Montar, montaches e no chao acabaches.

Emprégase cando alguén pregunta que hora é, o/a burlado/a retruca e volve ser burlado/a.

Xabi Xardón, da Limia

Sabes que?

– Sabes que?
– Que?
– Que o ollo do cu non ve.
– Sabes cando?
– Cando?
– Cando está cagando.
– Sabes onde?
– Onde?
– Na casa do conde.

Este é un dos moitos ditos que hai para lle gastar bromas a alguén que é especialmente curioso/a e que vai respondendo todas as preguntas para saciar a súa curiosidade.

Anxo, de Orro – Noia