Titiritiña, titiritolo,
o que non come non ten barrigola.
Titiritiña, titiritón,
o que non come non ten barrigón.
Kiwita
(máis…)
Ler máis
Arre ru, meu meniño.
Arre ru, meu rapaz.
Arre ru, meu meniño,
ben arruladiño vas.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
E que tes,
e que foi,
aí che vén teu pai
e mais a túa nai,
ah…
Ah, meniña, ah,
zapato no pé,
sardiña salgada
para o... Ler máis
¡Ai, que meniña,
que nena preciosa!
Despois de lavada,
parece unha rosa;
e este meniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.
Blanco, Domingo:... Ler máis
Canta, neniño, canta,
que te hei de levar á santa.
chora, neniño, chora,
que tes un chorar que namora.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Entre bicos e cantigas
hei de durmir o meu neno.
Farei “namentra” o traballo
que por “faguer” aínda teño.
M. Barrio – X.... Ler máis
Queres que che faga a boaventura?
A boaventura
que Deus che ha de dar,
se che pica a mosca
terás que rascar.
O adulto... Ler máis
“Dúrmete”, meu neniño,
“dúrmete”, meu meniño,
que aí vén o cocón
a levar os nenos
que non dormen, non.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Ler máis
O muíño a moer
e os ratiños a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.
Ó dicir... Ler máis
Toca a corneta,
toca o berimbao,
o neno bonito
ten o cu de pau.
M. Barrio – M. Fernández Costas:: “Juegos…
Ler máis
Deixa unha resposta