Carapuchiño estaba na cama (varias versións)
Pedriño Chosco estaba na cama.
Entráballe o sol por unha “ventana”
e pola outra entráballe o vento.
Pedriño Chosco estaba contento.
Carapuchiño estaba na cama.
Entráballe o sol por unha “ventana”
e dáballe o sol e dáballe o vento
e carapuchiño estaba contento.
Peido Bocho estaba na cama.
Dáballe o sol por unha “ventana”
e pola outra dáballe o vento.
Peido Bocho estaba contento.
O Catapiro estaba na cama,
entráballe o sol por unha “ventana”.
Entráballe o sol, entráballe o vento
e o Catapiro estaba contento.
O Catapiro estaba na cama,
entráballe o sol por unha “ventana”
e pola outra entráballe o vento.
O Catapiro estaba contento.
Deixa unha resposta