Bate, meu leite (varias versións)

Bate, meu leite (varias versións)

Bate, meu leite,
na cántara nova
con tres pelouriños
e mais o da roda.

Este dito acompaña o labor de bater o leite dentro dunha cántara, para facer a manteiga. Realízase cun pau que ten unha rodiña no extremo. O leite que queda tras quitar a manteiga é o leite batido ou leite mazado.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”


Bate, meu leite,
se te has de bater
que na casa teño
quen te ha de comer.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”


Bate, meu leite,
na cántara nova
con tres pelouriños
e mais o da roda.
Bate, meu leite,
se te has de bater,
que na casa teño
quen te ha de comer.

Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies