Arre, bestiña
Arre, bestiña,
á casa da madriña
a tomar a boliña
que está cocidiña.
Arre, bestón,
á casa de Antón
a tomar o bolón
que está cocedón.
Arre, bestiña,
á casa da madriña
a tomar a boliña
que está cocidiña.
Arre, bestón,
á casa de Antón
a tomar o bolón
que está cocedón.
Na primeira estrofa o adulto imita coas pernas o trote dun cabalo que vai amodo e, na segunda, as pernas van a galope.
Purificación Porta, de Vilalba
Pon, pon, pon a lancha de Beceiro, pon, pon, pon vira patas “pra” arriba, pon, pon, pon, cargada de carbón, pon, pon, pon, na ría de... Ler máis
Esta é a noite, este é o día, este é o cu da tía María. O adulto colle a man do/a neno/a, que... Ler máis
Ven, sonín, ven polo carqueixedo. Ven, sonín, ven e durme esta nena. Hai un dito relacionado con este arrolo que se lles di ós/ás... Ler máis
Rebe, rebe, reberrola, ¿quen te ha de calentare? Túa nai vai no muíño e teu pai vaina “buscare”. O apelativo cariñoso “reberrola” pode... Ler máis
– Puñín, puñín. – Puñín, puñín. – ¿Quen está dentro? – Xan do Convento. – ¿Quen está fóra? – Xan da Gaiola. – O que... Ler máis
Rivi, rivi, rivirola, se non queres calar, chora. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
– Cantos son 50 e 50? – Son 100. – Anda o burro no alcacén. Mini e Mero Ler máis
Palmas, palmiñas, que vén o papá. Palmas, palmiñas, que ¿cando virá? Ler máis
Ben falado! dedicounos o capítulo 110 o 19 de decembro de 2008. Ben falado! É un microespazo de cinco minutos... Ler máis
Elas eran once damas, todas amigas do “xuez”, pegou o tángano-mángano nelas, non quedaron senón dez. Daquelas dez que quedaron foron a xulgar ó... Ler máis
Deixa unha resposta