Acuseta, marraneta

Acuseta, marraneta

Acuseta, marraneta,
que-vas-de-ca-be-za-ó-in-fer-no.

Xogo para, literalmente, mandar ó inferno un neno que nos acusara de facer algo. Co furabolos e o matapiollos dunha man formando un círculo en posición horizontal, introdúcese alternativamente o furabolos da outra man por baixo e por riba do círculo acompañando os golpes das sílabas: “que-vas-de-…”. O obxectivo é que o dedo índice quede apuntando cara abaixo ó remate da oración. De non ser así, engádese unha frase adicional, do tipo “en-bi-ci-cle-ta”, “en-ca-mio-ne-ta”, etc.

Xabi X. Xardón, de Morgade – Xinzo de Limia

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies