Abril
Abril, se por mal quere vir,
aínda as portas da casa non deixa abrir.
Abril,
vaite a onde queiras
e vente ó cubil.
Abril, se por mal quere vir,
aínda as portas da casa non deixa abrir.
Abril,
vaite a onde queiras
e vente ó cubil.
Teresa de Lérez
Arco da vella, vaite de aí que andan os porcos a fozar en ti. A nosa memoria- Marín (máis…) Ler máis
Un/unha neno/a foi á carnicería e díxolle á carniceira: – Quero un anaquiño de carne. – ¿Por onde? ¿Por aquí? – Un pouquiño... Ler máis
Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, que non mo deixa... Ler máis
Serra, serra, miña “cansela”, ti polo mar e eu pola terra. Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro... Ler máis
Arre, bestiña, á casa da madriña a tomar a boliña que está cocidiña. Arre, bestón, á casa de Antón a tomar o bolón que está cocedón. Na... Ler máis
Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non come o larpeiro. Vente, ventiño, vento mareiro, que se non vés non vén o barqueiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
“Padrenuestro, que estás en los cielos”. Ábreme a porta que traio xurelos. Helena de Soutomaior. Ler máis
Pinto, pinto, gagarabinto, teño unha vaca de vinte e cinco. Teño un boi que sabe arar; tamén sabe trompicar; dar a volta ben redonda esa nena que se esconda. Sabela Gil. ... Ler máis
Xaneiro, oveiro. Dito referente á gran cantidade de ovos que poñen as pitas en xaneiro. Fizolas, de Lugo Ler máis
Polo San Xosé, bota a durmir un pé. Os días empezan a ser moi longos e hai que botar a sesta. Tareixa,... Ler máis
Deixa unha resposta