A galiña e o galo
A galiña
¡Pór, pór, pór, pór, pór,
e andar descalza!
¡Pór, pór, pór, pór, pór,
e andar descalza!
¡E a ama todo gasta!
¡Tanto poñer, tanto poñer
e andar descalza…!
¡Tanto poñer, tanto poñer
e andar descalza…!
Crou, crou,
choco os meus ovos
e logo vou,
crou, crou.
O galo
– Caracú,
ponte na póla.
– Quiquiriquí,
xa estou aquí.
Cacaracá,
ponte na pa,
e faime un bolo,
para pola mañá.
Cacaracá,
ponte na pa,
e faime un bolo,
non o comas todo
e deixa a “metá”
para o mes de outono.
Cacaracá,
ponte na pa,
faime un bolo,
cómeo todo,
deixa “dil”
para o mes de abril
que che ha de cumprir
– ¡Que te ferren e te calcen!
– ¡Hai festa na vila!
– ¿Quen quedará?
Cacaracá,
ponte na pa,
faime un bolo,
non o comas todo
déixame un pouco
para martes de Entroido.
Deixa unha resposta