A, e, i, o, u (varias versións)
A, e, i, o, u,
azoutiñas no teu cu.
A, e, i, o, u,
catro azoutes no teu cu.
A, e, i, o, u,
azoutiñas no teu cu.
O adulto vaille dando azoutiñas ó/á neno/a mentres recita.
M. Barrio – Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo”
A, e, i, o, u,
catro azoutes no teu cu.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos infantiles”
Arre ru, meu meniño. Arre ru, meu rapaz. Arre ru, meu meniño, ben arruladiño vas. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
– Esta leira é túa? – É. – E esta? – Tamén. – Pois… arrinca este marco! O adulto colle entre os seus dedos... Ler máis
O muíño a moer e os ratiños a comer. Collinos polo rabo e boteinos no tellado. Collinos pola orella e boteinos á canella. Ó dicir... Ler máis
Cabaliño que vas de a cabalo, sete muxicas che peten no rabo. Sete por riba, sete por baixo, alá vai (nome do neno/a)... Ler máis
Pequeniño, “Mai-grandiño”, Pai de todos, Furabolos e “Mata-pollos”. Angélica, de Mondoñedo Ler máis
Esta testa “testaruda”. Este ollo, irmán deste. Este nariz, naricete. Esta boca pide pan. Este queixo queixarete. ¡Eira polo cabalete! No último verso fai coma... Ler máis
Moito choras, meu meniño, coa xeada hai que “quentare”. “Solo” o can quedou no eido, todos van a “traballare”. M. Barrio – C.... Ler máis
Tris, tras, a estopa urdirás co pé para adiante co cu para atrás. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” Ler máis
E, neniña, e, que che hei dar o té e mais as papiñas nun cacharolé. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Esta testa testalán, estes ollos pete, pete, este “narís narisán”, esta boca pide pan, este queixo queixolán. ¡Turra polo capitán! Isto fáiselle a un meniño,... Ler máis
Deixa unha resposta