A barbantesa (Mantis religiosa)

A barbantesa (Mantis religiosa)

Barbantesa, ponte tesa,
se non, rómpoche a cabeza.

M. Barrio – V. Risco: “Etnografía”.


Carricanta,
a manciña levanta
e bendice a Deus,
a min e os meus.

M. Barrio – F. Bouza Brey: “Dos nombres más de la Mantis religiosa en Galicia”


Galgatesa,
pon a mesa.

M. Barrio – F. Bouza Brey: “Dos nombres…”


Parraguesa,
pon a mesa
que vén o pai da devesa
e córtache a cabeza.

M. Barrio – V. Risco. “Etnografía…”


Pontonesa, tente tesa.
Pontonesa, pon a mesa.
Pona alta, que se vexa.

M. Barrio – V. Risco. “Etnografía…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies