Resultados da busca - CUCO

O cuco

– Fuches á voda?
– Fun, fun.
– Viches a noiva?
– Vin, vin.
– E que facía?
– Bordaba e cosía.
– En que pano?
– No verde dourado.
– Imos aló, que nos faga un saio.

A musiquiña desta conversa repite a melodía do cantar típico dos cucos e semella unha conversa entre dúas destas aves.

Lanuxos, de Bedús – Friol

(máis…)

Dedín dedín (varias versións)

Didín, didín do charramusquín,
do arzabuco, do rabo do cuco.
Cando o rei por aquí pasou
todas as aves convidou
menos unha que quedou
e esa foi con gran pesar.
Chouca, bouca, cabeza de ouca,
vaite deitar nas portiñas de “Gibraltar”
que de alí te irán buscar
morta, viva, derreada ou como sexa.
Alza, lúa,
baixa o sol,
¿en que cabaliño queres ir mellor?
No que mande el rei, señor.

Nesta ocasión, o dito do “Dedín dedín…”, que cruzou o mar, úsase para acompañar o xogo de cabalgar nas pernas ata que se simula unha caída do cabalo.

Héctor López Irabedra, de Buenos Aires – Arxentina

(máis…)

Animais (aparecen varios)

Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle chaman Turroi.
Tamén ten un gato
que lle chaman Escribano.
Tamén ten un galo
que lle chaman Santiago.
Tamén ten unha galiña
que lle chaman Mariquiña.
Tamén ten unha ovella
que lle chaman Cotorella.

M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…”

(máis…)