Esta leira é túa?
– Esta leira é túa?
– É.
– E esta?
– Tamén.
– Pois… arrinca este marco!
– Esta leira é túa?
– É.
– E esta?
– Tamén.
– Pois… arrinca este marco!
O adulto colle entre os seus dedos indicador e medio as fazulas (leiras) do/a neno/a. Primeiro unha e despois a outra. Cando di “¡arrinca este marco!” fai coma quen que lle arrinca o nariz cos devanditos dedos e introduce entre eles o seu propio pulgar.
A orixe deste dito está ligada á distribución e ó valor tradicionais da propiedade da terra en Galicia.
¡Arre, burriquiño! Vamos a Belén. Que mañá e festa, pasado tamén. ¡Arre, arre, arre, que chegamos tarde! M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…” Ler máis
Hora, meniño, hora, miniño, que están as sopas no “caceroliño”. Meniño e hora, se non queres calar chora. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Reirrei, ¿cantos anos vivirei? Vinte e cinco, non o sei. Un, dos, tres… M. Barrio F. Lanza: “Falan…” (máis…) Ler máis
Pasa, Perico, pasa, Monteiro, polas portas dos carabineiros. O de diante corre moito. O de atrás aí quedará. Ler máis
Este é o minín, minín, este é o menón, menón, este, o máis grande de todos, este é o furabolos e este, o... Ler máis
Novo Aí vén Pedro Chosco por baixo da porta “dicíndolle” ás nenas que pousen a roca. Tamén vén Antón e dilles que non, que fíen as... Ler máis
As cabras de Xan Barbeiro todas van por un raseiro; unhas brancas e outras negras e outras monas das orellas. M. Rico: “Tantarantán…” Ler máis
Toca as palmas, que vén a ama. Se non vén hoxe mañá virá. Chelo, de Taragoña Ler máis
Esta é a noite, este é o día, este é o cu da tía María. O adulto colle a man do/a neno/a, que... Ler máis
Deixa unha resposta